9/3/13

CONCELLO DE O ROSAL

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 48 do 8 de marzo de 2013 publícase o seguinte Anuncio do Concello de O Rosal:

Mediante resolución da Alcaldía do día de hoxe acordouse aproba-las bases e a convocatoria para cubrir dúas prazas de persoal laboral temporal coa categoría de SUBALTERNO, a xornada completa, durante o tempo que dure o peche na Casa Consistorial da Plataforma de Afectados polas Participacións Preferentes e Subordinadas do Baixo Miño.

Sistema de acceso: oposición.

Pola presente ábrese un prazo de 5 días naturais,a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio neste boletín oficial,para presentar as solicitudes e demais documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante calquera das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro,de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, todo elo de conformidade coas bases da convocatoria expostas no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web municipal.(www.concellodorosal.es).

O prazo remata o 13 de marzo de 2013.


Accede ás Bases

No hay comentarios:

Publicar un comentario