13/3/13

CONCELLO DE TOÉN

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 60 do 13 de marzo de 2013 publícanse as Bases s específicas de selección de persoal para cubrir tres postos de traballo de persoal laboral temporal para o Concello de Toén.

Número, denominación das prazas e duración do contrato:

1 Operario de servizos varios - oficial de cantería, 9 meses.
1 Operario de servizos varios - oficial de cantería, 6 meses.
1 Operario de servizos varios - oficial de albanelería, 6 meses.

Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.

Requisito, entre outros: estar en posesión do permiso de conducir clase B

Sistema de selección: concurso.


Prazo de presentación de instancias: 6 días hábiles, contados dende a publicación destas bases específicas no BOP, no Rexistro do Concello de Toén, rúa Ribadela, 1, Toén, en horario de 8.30 horas a 14.30 horas, ou por calquera outro medio admitido en dereito. Este prazo remata o 20 de marzo de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario