6/3/13

CONCELLO DE SADA

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 45 do 6 de marzo de 2013 publícanse as Bases da convocatoria para a provisión interina dunha praza de traballador/a social para o Concello de Sada.

Titulación esixida: diplomatura universitaria en traballo social, do título de grao en traballo social, ou equivalentes.

Taxas: 20€

Sistema de selección: concurso-oposición.

As instancias de participación, dirixidas ó señor Alcalde, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, en horas de oficina, durante o prazo de 7 días hábiles a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. Polo que este prazo remata o 14 de marzo de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario