4/3/13

CONCELLO DE PONTEVEDRA

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 44 do 4 de marzo de 2013 publícanse as bases que rexerán a convocatoria para a provisión internina dunha praza de Técnico Medio Relacións Laborais da Escala de Administración Especial, Subescala Técnicos Medios, Clase Técnicos Medios para o Concello de Pontevedra.

Tituacións esixida: diplomado en relacións laborais, diplomado en ciencias empresariais, primeiro ciclo das licenciaturas en Administración e Dirección de Empresas ou da licenciatura en dereito, ou titulacións equivalentes.

O sistema de selección é o de concurso-oposición.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 10 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no BOP. Os sucesivos anuncios en relación a este proceso selectivo publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Pontevedra. Este prazo remata o 14 de marzo de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario