4/2/13

CONCELLO DE ARTEIXO

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 24 do 4 de febreiro de 2013, publícase un anuncio do Concello de Arteixo polo que convoca un proceso selectivo para seleccionar un arquitecto aparellador (funcionario interina por substitución).

O Concello de Arteixo, por acordo da Xunta de Goberno Local do 23 de xaneiro de 2013, aproba a convocatoria e bases reguladoras do proceso selectivo polo trámite de urxencia dunha praza do posto de arquitecto técnico aparellador, adscrita ao Departamento de Urbanismo e Medioambiente, por concurso-oposición de cobertura temporal.

O prazo de presentación das instancias solicitando tomar parte no proceso selectivo, será de 10 días hábiles (segundo consta na base 3.ª. A), contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria nun dos diarios de maior tirada provincial, e se teñan publicadas as bases no taboleiro de edictos da Corporación, así como complementariamente, anuncio de convocatoria no BOP da Coruña e na web municipal.

Como descoñecemos en que diario e cando foi publicado non podemos asegurar a data de finalización da presentación de solicitudes, que en todo caso consideramos que pode ser, tendo en conta a publicación no BOP sobre o 15 de febreiro de 2013.


Casa do Concello de Arteixo
Praza Alcalde Ramón Dopico, 1
15142 - Arteixo (A Coruña)
Teléfono: 981 60 00 09 - Fax: 981 64 06 67

No hay comentarios:

Publicar un comentario