1/2/13

CONCELLO DE MUGARDOS

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 22 do 31 de xaneiro de 2013 publícase a Convocatoria e bases específicas para a formación dunha lista aberta para a contratación laboral temporal de auxiliares de policía local para o Concello de Mugardos.

Requisitos, entre outros: Estar en posesión do carnet de conducir clase A e B, con autorización BTP e  ter unha estatura mínima, en caso de ser home de 1,65 m. e en caso de ser muller de 1,60 m.

Dereitos de exame: 10 euros.

As solicitudes presentaranse Rexistro Xeral do Concello (os días laborais de 9:00 a 13:30 horas) durante o prazo de dez días naturais, que se iniciará o día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no BOP da Coruña”. Tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; neste caso, deberán comunicalo mediante telegrama ou telefax durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias.

Este prazo remata o 11 de febreiro de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario