19/2/13

CONCELLO DE CABANAS DE BERGANTIÑOS

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 34 do 19 de febreiro de 2013 publícase a Convocatoria e bases para selección dunha praza de peón de servizos múltiples para o Concello de Cabanas de Bergantiños.

Duración do contrato: será de tres anos, dende a súa sinatura (data previsible de comezo 1 de marzo e remate ao finalizar o periodo de tres anos dende a data de formalización do contrato).

Requisito, entre outros: estar en situación de desempregado ou ter suscrito co Concello de Cabana de Bergantiños un contrato laboral de duración determinada por esixencia do artigo 12.7 a) do Estatuto dos Traballadores. O que deberá acreditarse mediante a presentación de copia compulsada do contrato ou informe da oficina de emprego que acredite a condición de desempregado.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

Dereitos de exame: 3 euros.

As solicitudes para participar no proceso selectivo axustaranse o modelo que figura no Anexo I desta convocatoria, e deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello no prazo de 10 días naturais, contados dende o seguinte ó da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia e na web do Concello (www.concello-cabana.com)

Este prazo remata o 1 de marzo de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario