22/2/13

CABANA DE BERGANTIÑOS. Corrección de errores

No BOP de A Coruña do 22 de febreiro de 2013 publícase a seguinte corrección de erros en bases para a selección de unha praza de peón de servizos múltiples:

Observados diversos erros materiais nas bases aprobadas mediante resolución de alcaldía nº 64/2013 de 8 de febreiro para a contratación de un operario de servizos multiples publicadas no BOP nº 34 de 19 de febreiro, procédese a súa rectificación nos seguintes termos:

- Elimínase a letra f) do apartado 1 da base terceira.

- Na letra d) do apartado 2 da base cuarta, onde dí ( nº de conta para abono bancario: 2080-0075-00-311000019). Debe dicir: nº de conta para abono bancario: 2080-0075-00-3110000019).

- Na base séptima, onde dí: O sistema de selección será o de concurso- oposición, incluíndo a realización dunha proba práctica obrigatoria, e constará de dúas fases: valoración de méritos e realización de proba práctica. Debe dicir: O sistema de selección será o de concurso- oposición e constará de dúas fases: unha fase de oposición( incluindo proba teórica e práctica) e outra de concurso( valoración de méritos)

- No Anexo I, no apartado 6( documentación que se xunta), elimínase a letra e).

No hay comentarios:

Publicar un comentario