29/1/13

CONCELLO DE LOBIOS

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 24 do 29 de xaneiro de 2013 publícase a convocatoria para a contratación de persoal laboral, baixo a modalidade de contrato temporal ata o 31 de decembro de 2013, de cinco prazas de auxiliar do servizo de axuda no fogar para o Concello de Lobios.

Requisito, entre outros: Permiso de conducir tipo B.  

O prazo de achega de solicitudes será de 5 días hábiles a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio. Este prazo remata o 4 de febreiro de 2013.

Os/as interesados/as poderán consulta-las bases reguladoras do proceso selectivo nas oficinas municipais, en horario de 09.00 a 14.00, de luns a venres, así como na oficina virtual do concello no enderezo www.lobios.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario