11/12/12

CONCELLO DE A TEIXEIRA


Por resolución do alcalde, con data 21 de novembro de 2012, aprobáronse as bases para a selección e posterior contratación dun auxiliar de axuda no fogar.

Duración do contrato: dende o 02.01.2013 ata o 31.12.2013.

Clase de persoal: laboral temporal.

Prazo de presentación das solicitudes: nos sete días naturais seguintes ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro Xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Este prazo remata o 18 de decembro de 2012.

Se o sétimo día fose festivo ou sábado, o prazo finalizaría o seguinte hábil.

Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no Concello da Teixeira en horario de oficina.


No hay comentarios:

Publicar un comentario