27/12/12

CONCELLO DE MANZANEDA

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 296 do 27 de decembro de 2012 publícase un Anuncio do Concello de Manzaneda no que se aproban as bases para a selección dun axente TIC.

Requisitos: estar en posesión do título de Formación Profesional de Grao Superior, rama Informática ou equivalente.

As solicitudes para participar neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ó alcalde e deberán presentalas no Rexistro do concello (os días laborais de 9.00 a 13.30 horas) durante o prazo de 10 días naturais, que se iniciará o día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Este prazo remata o 7 de xaneiro de 2013. 

As bases estarán a disposición dos/as interesados/as na secretaría municipal, en horario de 9.00 a 13.30 horas, os cales poderán solicitar copias en calquera momento, dentro do horario de oficina, chamando ó teléfono 988 333 043 ou na páxina web do concello www.concellodemanzaneda.es.

Nota: O día 27 ainda non tiñan as bases colgadas na web, se estades interesados chamade ao concello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario