28/12/12

CONCELLO DE FENE

No Boletín Oficial da Provincia de  A Coruña núm. 247 do 28 de decembro de 2012 publícase o Anuncio do Concello de Fene que publica as bases reguladoras do proceso de selecció dunha praza de Policía Local.

Requisitos, entre outros:

- Poseer unha estatura mínima de 1,65 metros os homes e 1,60 metros as mulleres.
- Estar en posesión da titulación esixible para o acceso como funcionario do grupo C1, conforme á normativa de función pública. Asi mesmo, e a estes efectos, para o acceso ás prazas do grupo C1 ou equiparadas, a superación das probas de acceso á Universidade para maiores de 25 anos, homologadas polo órgano competente, considerarase equivalente á obtención do título de Bacharelato ou Formación Profesional de segundo grao.
- Ser titular dos permisos de conducir das clases A2 e B con BTP.

Sistema de selección: oposición

As instancias, solicitando tomar parte no proceso selectivo, dirixiranse á Alcaldía-Presidencia segundo o modelo do anexo II. Presentaranse no Rexistro Xeral do Concello debidamente cumprimentadas durante o prazo de vinte días naturais contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio de cada convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario