10/10/12

XUNTA DE GALICIA. LISTAS DE CONTRATACIÓN

No Diario Oficial de Galicia núm. 19 do 10 de outubro publicase a Resolución do 5 de outubro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

As listas atópanse á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas  oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) na epígrafe Función Pública.

No hay comentarios:

Publicar un comentario