15/10/12

CONCELLO DE RIBEIRA

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 196 do 15 de outubro de 2012 publícanse as bases especificas da convocatoria de prazas contidas na oferta de emprego do ano 2010 do Concello de Ribeira.

As categorías e plazas que figuran nas ditas bases son:

Unha praza de Pedagogo, sistema de acceso concurso-oposición.

Unha praza de Traballador Social, sistema de acceso oposición.

Dúas prazas de Traballadores Sociais, por consolidación de emprego (o que non impide presentarse a calquera que reúna os requisitos das bases, xa que os procesos selectivos non poden ser restrinxidos), sistema de acceso concurso-oposición.

Unha praza de Psicólogo, por consolidación de emprego, sistema de acceso concurso-oposición.

Unha praza, a media xornada, de Psicólogo do centro información á muller, sistema de acceso concurso-oposición.

Unha praza de Asesor Xurídico, por consolidación de emprego, sistema de acceso concurso-oposición.

A apertura do prazo de presentación de solicitudes ten que publicarse no Boletín Oficial do Estado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario