20/6/12

CONCELLO DE A CAÑIZA

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 117 do 19 de xuño de 2012 publícanse as bases da convocatoira para a selección dun Auxiliar da Policía Local en réxime laboral temporal para a
tempada de verán do ano 2012 do Concello de A Cañiza.

Requisito, entre outros: estar en posesión do Título de Ensinanza Secundaria Obrigatoria, título de graduado escolar ou equivalente.


O prazo de presentación será de oito (8) días naturais contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria e destas bases no Boletín Oficial da Provincia, este prazo remata o 27 de xuño de 2012.


Dereitos de exame. Deberá acreditarse o pagamento da taxa por dereitos de exame do Concello da Cañiza (Ordenanza publicada no BOP num. 121 de data 24 de xuño de 2011) 16,00 €, (salvo a bonificación prevista no artigo 7). Xuntarase coa solicitude o xustificante do ingreso na C.C. 2080-5415-01-3110100045 (Novagalicia Banco).

No hay comentarios:

Publicar un comentario