2/5/12

CONCELLO DE RIBEIRA

No Boletin Oficial da Provincia de A Coruña núm. 82 do 2 de maio de 2012 publícase a convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de tres técnicos/as para a atención das oficinas municipais de turismo para o Concello de Ribeira.

Para poder presentarse cómpre estar en posesión (ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias) do Título académico de Formación Profesional do Ciclo Superior de “Información e Comercialización Turísticas”, “Animación Turística” ou “Axencias de Viaxes”, que se deberá acreditar mediante documento oficial expedido polo organismo competente.

Tamén serán admitidos os diplomados ou licenciados en turismo e licenciados universitarios da rama de humanidades.

Dereitos de exame: 15,47 €

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral (os días laborais de 9 a 13’30 horas) durante o prazo de 10 días naturais, que se iniciará o día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no BOP, polo que o dito prazo remata o 12 de maio de 2012.

No hay comentarios:

Publicar un comentario