2/3/12

XUNTA DE GALICIA. LISTAS SUBSTITUCIÓNS 2012

No Diario Oficial de Galicia núm. 43 do 1 de marzo de 2012 publícase a Resolución do 27 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que, de conformidade co disposto no artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, se acorda o peche de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas.

Lembrade que o prazo para presentar as solicitudes para formar parte destas listas comprende dende o 1 de marzo ata o 15 de xullo.

Nas listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos e escalas que se determinen como pechadas soamente se poderán inscribir aquelas persoas que superasen algunha proba do último proceso selectivo do corpo, escala, grupo e categoría correspondente ou teñan prestado servizos na Xunta de Galicia para a lista correspondente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario