24/2/12

CONCELLO DE PONTEVEDRA

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 39 do 24 de febreiro de 2012 publícase o Anuncio do Concello de Pontevedra polo que se dá publicidade ás bases reguladoras dos procesos selectivos conducentes ao nomeamento de tres funcionarios interinos coa categoría de Técnico en Orientación Laboral e dous funcionarios interinos coa categoría de Técnico en creación de empresas e autoemprego para a xestión e execución do proxecto "Iles Concello de Pontevedra"

Sistema de acceso: concurso-oposición

Titulacións esixidas: Estar en posesión dunha titulación universitaria media ou superior para os Técnicoss en orientación laboral e o Técnico en creación de empresas.

Consideraranse titulacións de acceso para os Técnicos en orientación laboral as seguintes: Pedagoxía, Psicopedagoxía, Psicoloxía, Educación Social, Traballo Social e Relacións Laborais.

Consideraranse titulacións de acceso para o Técnico en creación de empresas as seguintes: Ciencias Económicas, Ciencias Empresariais, Dirección e Administración de empresas, Dereito e Dereito Económico.

Requisito, entre outros: carnet de conducir da clase B.

As solicitudes presentaranse, no prazo máximo de dez días hábiles dende a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, polo que este prazo remata o 7 de marzo de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario