16/1/12

AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO

No Diario Oficial de Galicia núm. 10 do 16 de xaneiro de 2012 publícase o anuncio da Autoridade Portuaria de Vigo no que realiza convocatoria de posto de traballo para cubrir as prazas resultantes da oferta de emprego público correspondente ao ano 2011 mediante concurso de méritos:

1 praza de policía portuario/a–Grupo III, banda II, nivel 2.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web www.apvigo.es e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo. (descargar bases)

As solicitudes deberán presentarse no prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, no rexistro das oficinas centrais da Autoridade Portuaria de Vigo (praza da Estrela, 1, Vigo), das 9.00 ás 14.00 horas. Se o último día do prazo coincidise en sábado, éste finalizaría no seguinte día hábil.

Este prazo remata o 23 de xaneiro de 2012.

No hay comentarios:

Publicar un comentario