17/11/11

CONCELLO DE MONFERO

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 219 do 17 de novembro de 2011 publícanse as bases para a elaboración de listaxes de aspirantes para posibles contratacións laborais de duranción determinada de Axuliares de Axuda no fogar para o Concello de Monfero.

Os candidatos deberán estar en posesión, cando menos, dalgún dos seguintes cursos ou titulacións:

- Curso de 445 horas impartido pola Consellería de Traballo, que, neste momento sería convalidable por un de 600 horas de atención a persoas dependentes no domicilio.

- Curso de 600 horas de atención a persoas dependentes no domicilio.

- Certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria de persoas no fogar ou equivalente.

- Título de F.P. de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente.

Para participar no proceso selectivo deberán aboarse: 15 €

O prazo de presentación das instancias é de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP e até as 15.00 horas do 7 de decembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario