29/10/11

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE (SERGAS)

O Diario Oficial de Galicia núm. 207 do 28 de outubro de 2011 publica a Resolución do 26 de outubro de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se abre o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias de formación profesional (persoal técnico superior) para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

As categorías para as que se abre o prazo para presentar solicitudes son:

1. Técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía.
2. Técnico superior en radioterapia.
3. Técnico superior en hixiene bucodental.
4. Técnico superior en imaxe para o diagnóstico clínico (antes TER).
5. Técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico.

A solicitude formalizarase nos modelos normalizados de instancia e a través do currículo profesional habilitado electronicamente na páxina web do organismo www.sergas.es, na epígrafe correspondente do FIDES/expedient-e, na epígrafe procesos

Poderanse formalizar as solicitudes desde o 2 de novembro de 2011 ata o 30 de novembro de 2011.

No hay comentarios:

Publicar un comentario