10/3/11

LISTAS DE CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA

Prazo de presentación de solicitudes: do 1 de marzo ao 15 de xullo de cada ano.

Aqueles que desexen inscribirse nas listas de contratación temporal poderán facelo sempre que cumpran os requisitos da lista correspondente (titulación, coñecemento do galego e os demais que estableza en cada caso a correspondente resolución de apertura da lista).

Naquelas listas que se atopen pechadas, só poderán inscribirse aqueles que teñan servizos prestados ou exercicios aprobados do último proceso selectivo.

Os documentos que deberán presentar os interesados son os seguintes:

◦ Solicitude de inscrición debidamente cuberta.
◦ Impreso do pago da taxa. (16,98 €)
◦ Certificado debidamente compulsado do grao de coñecemento do idioma galego.
◦ Fotocopia do DNI.
◦ Fotocopia debidamente compulsada que acredita a titulación requirida e os demais requisitos da lista.

Ver Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario